📌 Fútbol internacional

Premier League

Celestino · 14/08/2025 07:17 · #msg220
Aquí iremos comentando xornadas, resultados, clasificación, fichaxes, polémicas e todo o que aconteza arredor dos equipos da Premier.
Celestino · 14/08/2025 07:19 · #msg221
Alexander Isak está no epicentro dun dos maiores conflitos da Premier League nesta tempada. O dianteiro sueco deixou claro que non volverá vestir a camiseta do Newcastle e xa adestra por separado, lonxe do resto do equipo. Non viaxou coa expedición á xira asiática e incluso regresou a San Sebastián para manterse en forma, enviando así unha mensaxe inequívoca á directiva: quere marchar.

O club, pola súa parte, mantén unha postura inflexible. Rejeitou unha oferta de 110 millóns de libras do Liverpool e insiste en que só considerará a súa venda se chega unha proposta próxima aos 150 millóns. Mentres tanto, Isak xa abandonou a súa residencia en Newcastle, outro xesto que alimenta a tensión.

A situación chegou tamén ás bancadas e á rúa. Parte da afección, indignada pola actitude do xogador, respondeu con protestas e incluso queimando camisetas co seu nome. Un clima que, lonxe de amainar, segue medrando a medida que avanza o mercado e non aparece unha solución que contente a todas as partes.
Accede para responder. Acceder
💡 Deixa a túa suxestión
🟢 Online Usuarios: 0 Visitantes: 0