📌 Fútbol nacional

Deportivo da Coruña

Celestino · 02/08/2025 17:41 · #msg114


Inauguramos este espazo adicado ao Deportivo da Coruña, o eterno rival do noso Real Club Celta de Vigo.


Aquí poderedes comentar todo o relacionado co Dépor: os seus partidos, fichaxes, xogadores históricos, anécdotas... e, como non, os derbis galegos, que marcaron xeracións enteiras de seareiros.


Este foro nace co obxectivo de manter un debate respectuoso pero con toda a paixón que caracteriza esta rivalidade centenaria. Queremos que sexa un lugar para lembrar vellas batallas, analizar a actualidade e manter vivo o espírito do fútbol galego.


Participa, opina e defende as túas cores. Pero lembra: sempre con sentidiño.

Celestino · 06/08/2025 21:09 · #msg144
Este verán o Deportivo moveuse con decisión no mercado, reforzando varias posicións clave e deixando saír a xogadores que non entraban nos plans do novo proxecto.

Chegaron nomes con experiencia e proxección. Miguel Loureiro, defensa polivalente galego, volve á casa despois do seu paso polo Huesca. Tamén se incorporou o central belga Lucas Noubi, o lateral italiano Giacomo Quagliata, o atacante Luismi Cruz, o mediocentro José Gragera cedido polo Espanyol, e o canteirán Jairo Noriega, que será cedido ao Racing de Ferrol para gañar minutos.

Nas saídas, destaca o traspaso do central Pablo Vázquez ao Sporting de Gijón, así como o de Iván Barbero ao Arouca portugués. Tamén deixaron o club Pablo Muñoz, Omenuke Mfulu, e os xogadores Iano Simão e Raúl Alcaina, que teñen practicamente pechada a súa marcha a Portugal.

Ademais, o Deportivo está moi preto de pechar o fichaxe de Riki Rodríguez, mediocentro do Albacete, nun movemento que reforzaría aínda máis o medio campo.

O club continúa a traballar para incorporar un dianteiro de garantías, mentres a afección mantén a ilusión de que esta sexa a tempada do ascenso definitivo.
Accede para responder. Acceder
💡 Deixa a túa suxestión
🟢 Online Usuarios: 0 Visitantes: 0