
Inauguramos este espazo adicado ao Deportivo da Coruña, o eterno rival do noso Real Club Celta de Vigo.
Aquí poderedes comentar todo o relacionado co Dépor: os seus partidos, fichaxes, xogadores históricos, anécdotas... e, como non, os derbis galegos, que marcaron xeracións enteiras de seareiros.
Este foro nace co obxectivo de manter un debate respectuoso pero con toda a paixón que caracteriza esta rivalidade centenaria. Queremos que sexa un lugar para lembrar vellas batallas, analizar a actualidade e manter vivo o espírito do fútbol galego.
Participa, opina e defende as túas cores. Pero lembra: sempre con sentidiño.