
O Celta iniciou o encontro ante o Vitória de Guimarães cun once cheo de caras novas e xuventude:
Ionut Radu; Sergio Carreira, Carl Starfelt, Carlos Domínguez, Mihailo Ristic; Javi Rueda, Fran Beltrán, Miguel Román; Iago Aspas ©, Pablo Durán e Williot Swedberg.
O dato máis salientable da primeira metade foi un lanzamento de Aspas desde o medio campo que golpeou no longueiro, levantando os aplausos da bancada.
📌 No minuto 14, Williot Swedberg foi substituído, alimentando os rumores dunha posible saída inminente. Poderían ser os seus últimos minutos coa celeste.
Sen goles ao descanso, pero con detalles para analizar. Seguiremos atentos á segunda metade.